Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
A Asemblea de Madrid (en castelán: Asamblea de Madrid) é o parlamento autonómico da Comunidade de Madrid. Representa os habitantes da rexión exercendo a potestade lexislativa. Aproba os orzamentos do goberno rexional e controla e impulsa a acción política e de Goberno. Os deputados que forman a Asemblea de Madrid son elixidos por un prazo de catro anos mediante sufraxio universal, libre, igual, directo e segredo. O edificio da Asemblea de Madrid, inaugurado en 1998, está situado na praza Asemblea de Madrid, 1, no distrito de Puente de Vallecas, en Madrid.